sábado, diciembre 11, 2010

SALUDAMOS CON GRAN ALEGRIA LA APRICION DE Volta Editores

 
Volta Editores: "VOLTA é, ante todo, unha idea, e… por qué Volta?
Por qué estamos de volta cando aínda non levantamos o voo?
Pois por un obxectivo que nos propuxemos cumprir dende que comezamos a desenvolver esta idea: o de crear un selo no que os artistas teñan a confianza e seguridade precisas para preocuparse tan só do seu traballo. Queremos contarche historias concretas. E queremos facelo dun xeito concreto.

Queremos mostrarche imaxes descoñecidas e enfoques distintos que converten as liñas en movemento dun papel, dun ecualizador ou dunha pantalla nun esquema mental novo que termina traducíndose en calidade chea de significados.

Realmente non somos unha editora, nin unha discográfica, tampouco unha produtora audiovisual e realmente somos todo iso ao mesmo tempo.
Somos catalizadores da creación cultural, somos creadores de obxectos culturais que desprenden un aroma artesanal, ese aroma que teñen as cousas feitas coas mans con plena dedicación e cariño. Somos editores, si, pero por riba de todo, somos autores.

Por que queremos abranguer tanto? Porque gustamos dos libros visuais e as imaxes que podan condensar mil palabras distintas, porque queremos que os nosos che gusten a ti, e non á maioría. Temos que confiar no creador, que é o artista, e que á súa vez deposita a súa confianza en nós, porque este é o noso traballo nesta empresa. Sacar á luz produtos culturais de calidade, respectando ao autor, que sexan rendibles para todos e que ademais se movan nunha esfera de inquietude, creatividade e paixón, relacionada co cine, a literatura, a música, o audiovisual, a fotografía e tantas e tantas paixóns compartidas.

No hay comentarios:

LinkWithin

Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...