MATADOIRO, AMANDO 4 de outubro - 30 de decembro 2012
MUSEO DO MAR DE GALICIA
EQUIPO
Amando (Vigo 1951) artista. Inicia a súa trayectoria artística como pintor a comenzos dos anos setenta. Desde entón ten exporto en Galerías coma Metrónom de Barcelona, Edurne de Madrid, Bacelos de Vigo e en Institucións coma Castelo de Soutomaior, Círculo de Belas Artes de Madrid, Centro Cultrua Cidade de Vigo ou Universidade Menéndez Pelayo de Santander. Forma parte no seu momento da selección de artistas da Bienal de Pontevedra, o X e XI Premio Loreal, a VI Mostra Unión Fenosa e a V Bienal Ciudad de Pamplona e acude ás feiras de arte contemporánea III Foro Atlántico de Arte Contemporáne e ARCO da man da Galería Bacelos e a Galería Fúcares respectivamente. Comisaria no ano 1995 a exposición “Medievo” no Castelo de Soutomaior proxecto no que exporán por primeira vez en Galicia os artistas Eva Lootz, Joan Hernández Pijuan, Juan Ugalde e Nacho Criado. Edita do ano 1997 ao 2002 a publicación Microfisuras, cadernos de pensamento e creación na que colaboran un amplo número de expertos, artistas e pensadores internacionais. No 2011 comeza a expoñer obra en lugares e espazos de Vigo relacionados coa súa biografía e a súa cotidianeidade, actividade que máis tarde formalizará no proxecto Open Studio Amando.
Ania González (Vigo, 1977). Directora de proxectos culturais. Licenciada en Dereito e especialista en Museoloxía e Teoría do Discurso (PEI, MACBA). Desenvolve a sía actividade cultural en Galicia tras dez anos de residencia en Barcelona onde funda o colectivo de intervención cultural Culture Workers (Hangar, Centre de produció d’Arts Visuais) no 2008. Coordina distintos proxectos para a posta en relación de axentes culturais coma os “Encontros Off “ou “Evasión ou Vitoria”. Colabora co Departamento de Arte e Estética da Universidade de Santiago de Compostela na publicación do proxecto de investigación “Canles Alternativas de creación. Eixo Atlántico (1975-2000)”. Colabora con medios e publicacións especializadas coma Microfisuras cadernos de pensamento e creación, Brumaria.net, Atalaia arte contemporánea, En Estado Crítico, sobre políticas y economías del arte en el eje noroeste ou Plétora. Participa como relatora en mesas redondas sobre produción cultural na Fundación Luis Seoane, no Culturgal ou no CGAC. Colabora como docente co Máster en Innovación Cultural e xestión de Industrias Creativas do Instituto de Formación Financiera y Empresarial de A Coruña (IFEE). Dende o 2012 codirixe o espazo artístico FAC Peregrina, Furancho de Arte Contemporánea.
Carlos L. Bernárdez (Vigo, 1958) é historiador de arte e profesor de lingua e literatura galegas. Ensaísta de temas literarios e artísticos, é autor de libros como Breve historia da arte galega(NigraTrea, 2005); Maruja Mallo, a pintora da nova muller (NigraTrea, 2010); Do idilio á diáspora(NigraTrea, 2012) ou Bestiario en pedra. Animais fantásticos na arte medieval galega (NigraTrea, 2004), este ultimo realizado en colaboración con Xosé Ramón Mariño Ferro.
Como comisario de exposicións levou a cabo proxectos como Diáspora, Dez artistas galegos no exilio latinoamericano (MARCO-Fundación Luís Seoane, 2005, Vigo e A Coruña); De Vigo a Bos Aires. Laxeiro e a pintura galega de posguerra(Fundación Laxeiro-Parlamento de Galicia, 2008, Vigo e Santiago de Compostela); Quiñones de León. Unha nova pinacoteca para Galicia (Museo da cidade Quiñones de León, 2010, Vigo); O fermoso rostro do pais (Pinacoteca Fernández del Riego, Vigo); Faces do país. O retrato en Galicia, 1890-1950 (Fundación Novacaixagalicia, 2011, Santiago de Compostela e Pontevedra) ouColmeiro. Paisaxe que sabe a pan (Circulo das Artes, Lugo, 2012).
Rubén Pardiñas (Vigo, 1976) documentalista e ensaista. Licenciado en Historia da Arte e diplomado en cinematrografía pola ECAM. É autor dos documentais “Lo más profundo es la piel. Un recorrido por la dermatología del arte”, “Fronteiras”, “A terceira póla” e “A mirada do pintor”. Publica os libros “Emancipació, de qué? Una visió pragmatista de l’arte contemporani” polo que recibe o premio Espais a la crítica d’art (2001) e “Seamos serios, pero no tanto. Arte, filosofía y la persistencia de lo sublime” polo que obtén o premio de ensaio Caja Madrid (2004). Colabora con medios especializados e de opinión coma Jot Down Cultura Magazine ou o diario Praza Pública.
Manolo M. Romón (Vigo, 1956) poeta e actor. Integrante en 1976 do Grupo de Comuniación Poética Rompente, publica xunto cos poetas Antón Reixa e Alberto Avendaño, os libros colectivos “Silabario de turbina” (1976) e “A dama que fala” (1983). A título persoal é autor dos libros “Galletas Kokoschka non” (1979), “Anaí” (1983), “Miniaturas” (1987), “Nadir “(1996), “Et finira le jour de son commencement” (2000) e “Poesía barata” (2006) nos que colaboran os pintores Menchu Lamas, Antón Patiño, Alberto de Sousa e Lito Portela, cos músicos Enrique X. Macías e Xulián Hernéndez e coa fotógrafa Dolores Ojea. En 1993 comenza a traballar na TVG, presentando concursos, escribindo letras para cancións destinadas ao clube infantil e xuvenil Xabarín, exercendo de guionista e actuando en series de ficción. Presenta na tempada 2006-2008 o programa cultural semanal “Libro aberto.”
Rai Iglesias (Marín, 1966) e Iria Sobrino(Ourense, 1977), deseñador e arquitecta, dirixen NONCOMMON, estudio gráfico e de comunicación adicado á ediciónn de arte. Premiados entre outros, na Feira do libro de Leipzig e Fracfort de 1997 ao libro editado máis belo do mundo (Letra de Prata) por “Gaceta de Arte”, CAAM. Autores dos catálogos inaugurais do MARCO e editores entre outros da monografíaa “La Artística de Vigo 1906-2006” ou os catálogos para a Casa das Artes de Antón Patiño (2010) e Mencu Lamas (2011). Actualmente preparan a presentación no INCUNA do documental “Upcycling”, peza visual en defensa do patrimonio industrial abandoado en Galicia e presentado en Chicago (Certame Internacional de Arquitectura One Prize) en xullo de 2012.
No hay comentarios:
Publicar un comentario