jueves, marzo 26, 2015

Ars dedicandi: Ricardo Carballo Calero

Ars dedicandi: Ricardo Carballo Calero | Criticalia



Ars dedicandi: Ricardo Carballo Calero

ars_dedicandi_carballo_calero

Hai exactamente un cuarto de século que nos deixou don Ricardo. Así, dicindo tan só o nome co tratamento de cortesía, sabemos todos a quen nos referimos.
Porque a don Ricardo é moito o que se lle debe. E aproveito hoxe para volver dicir, con todas as letras, algo que teño comentado mil e unha veces: só polo seu labor como estudoso e historiador da nosa literatura merecería unha grande homenaxe nacional.
A súa Historia da literatura galega contemporánea (1963) foi un fito, senlleiro, no devir das nosas letras. Tras del foron moitos os que se aplicaron á análise diacrónica da escrita de aquí, pero fixérono con métodos e enfoques diferentes, sen dúbida ben celmosos para diversas cuestións, pero deficitarios nunha básica: a historiografía literaria dos nosos días ten de avanzar na interpretación intratextual e a iluminación contextual, xaora, pero séguenos faltando unha nova historia da literatura que, tentando incorporar eses valores, non renuncie á codificación positivista de todo o producido, sobre todo nas últimas décadas. Son consciente de que, así formulado, apunto a un proxecto case enciclopédico, pero aí está o reto.
Mais don Ricardo foi tamén narrador, poeta e dramaturgo, con fortuna desigual, seguramente, pero con idéntica paixón e dedicación á causa. Cómpre recoñecerllo.
A dedicatoria que reproduzo evidencia a súa capacidade para a detección dos novos talentos literarios ata o último alento. Tamén a amizade que o uniu a Claudio Rodríguez Fer, quen tanto se ten ocupado da súa obra, que chegou a editar.
Neste día no que o recordamos, sexa este pequeno lembradoiro unha homenaxe máis no mar delas que todos debemos promover.
Esta entrada foi publicada en Ars dedicandi e etiquetada . Garda a ligazón permanente.

No hay comentarios:

LinkWithin

Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...